text
stringlengths 2
143
|
|---|
"Un paso adiante i outro atrás, Galiza!"
|
A Administración central é o maior financiador de bolsas para as universidades e universitarios.
|
A Administración estao facendo.
|
A Administración galega vai privatizando todos eses servizos.
|
A Administración non fomenta a plantación de eucaliptos.
|
A Administración simplemente escolle a empresa máis económica, cando non a máis amiga.
|
A Administración ten que fornecer as capacidades e as competencias.
|
A Administración xeral do Estado ten recursos para melloralo.
|
A Administración, por lei, ten unha responsabilidade patrimonial á que ten que facer fronte.
|
A Administración, unha vez máis, realiza parches.
|
A Airef sitúa detrás deste saldo uns ingresos por cotización pouco cribles.
|
A Alcoa tamén, sábeo vostede perfectamente.
|
A Asesoría Xurídica da Xunta defende os intereses da comunidade autónoma.
|
A Asociación Española de Pediatría recomenda a vacinación.
|
A Asociación de Matronas busca pediatras, paréceme ben.
|
A Avenida de Marín é de competencia estatal e, polo tanto, da parte ferroviaria.
|
A Axencia Galega de Industrias Culturais ten obriga legal de poñer diante unha memoria.
|
A Axencia Galega de Infraestruturas.
|
A Bonaval acudiron e acoden os gobernos autonómicos para realizar diversos actos.
|
A Carta Europea foi ben clara.
|
A Cidade da Cultura.
|
A Comisión Europea ten impulsado sancións e suspendido as importacións de determinados países.
|
A Comisión Nacional do Mercado da Competencia non denunciou.
|
A Comisión das Caixas neste Parlamento fíxoo sistematicamente.
|
A Comisión parlamentaria, cincocentas propostas.
|
A Confederación Hidrográfica non fixo nada e segue sen facelo.
|
A Conferencia de Presidentes, que tanto publicitaron, non significou ningún avance.
|
A Consellería claro que toma decisións, pero baseadas sempre en criterios profesionais.
|
A Consellería comunícalle ao Concello que a parcela non é suficiente.
|
A Consellería de Educación exerceu sempre as súas competencias.
|
A Consellería de Educación leva anos apoiando a volta ao cole das familias.
|
A Consellería de Industria non ten dereito a seguir desmantelando a industria deste país.
|
A Consellería de Sanidade apostou de forma decidida pola innovación.
|
A Consellería de Sanidade chega a acordos.
|
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia priorizou a seguridade dos sanitarios.
|
A Consellería de Sanidade e o seu persoal.
|
A Consellería de Sanidade elaborará e implementará unha guía de fisioterapia.
|
A Consellería de Sanidade non pode invadir os espazos de institucións penitenciarias.
|
A Consellería de Sanidade é das que máis está colaborando co Valedor.
|
A Consellería debe comprometerse de verdade.
|
A Consellería do Medio Rural leva xa un tempo traballando nelas.
|
A Consellería do Medio Rural segue a desmantelar a investigación e a formación públicas.
|
A Consellería do Medio Rural é unha consellería fundamental para o noso país.
|
A Consellería ignorou este acordo do Concello.
|
A Consellería non é culpable da chegada da Marteilia.
|
A Consellería será leal, pero non renuncia a defender os intereses do ensino galego.
|
A Consellería ten bos investigadores.
|
A Consellería ten un só orzamento, e ese orzamento increméntase ano a ano.
|
A Consellería xa dixo vostede que solicitou a acreditación de seis prazas.
|
A Consellería, ademais, vai realizar o importante esforzo de incrementar os recursos humanos.
|
A Constitución e a lei, soamente cando lle convén.
|
A Constitución establéceo.
|
A Constitución recoñece o dereito á participación efectiva de todos os sectores afectados.
|
A Corcoesto dixémoslle que así non.
|
A Coruña e Galiza non estamos en débeda co Estado, non se equivoquen.
|
A Coruña, señora Daira, quedoulles grande; non teñen proxecto, non teñen capacidade de xestión.
|
A Cuba fomos como país invitado e foi unha enorme honra.
|
A Deputación Permanente non pode aprobar medidas en relación coas Urxencias, non.
|
A Deputación de Lugo durante moitísimo tempo negouse directamente a pagar.
|
A Deputación de Pontevedra nin está ni se espera.
|
A Deputación de Pontevedra presentou ese informe xurídico e ese informe económico.
|
A Deputación de Pontevedra tamén.
|
A Deputación de Pontevedra, por suposto.
|
A Deputación ten moita máis flexibilidade.
|
A Deus o que é de Deus e a quen corresponda o que corresponde.
|
A Deus o que é de Deus, ¿verdade?
|
A Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria aprobámola e constituímola antes da pandemia.
|
A Dirección de Patrimonio Natural redacta un dos informes máis críticos.
|
A Estratexia de Especialización Intelixente é a estratexia de Galicia.
|
A Estratexia de especialización intelixente é un importante pulo cara á aplicación desta política.
|
A Estratexia do Sergas contempla as accións específicas en saúde mental.
|
A Europa dille que lle van subir os impostos e aquí que son erratas.
|
A Federación das asociacións veciñais en Vigo non ten ningunha subvención.
|
A Fegamp non pode ser a trágala.
|
A Fegamp rexeitouno.
|
A Ferrol só se pode ir con certezas.
|
A Filosofía chámanos a preguntar, por exemplo: ¿é democrática a monarquía?
|
A Fiscalía de Pontevedra vén de iniciar investigación penal sobre este asunto.
|
A Fiscalía está estudando a presunta vulneración de dereitos humanos nesa unidade de Conxo.
|
A Fiscalía vai investigar, esperemos que tome medidas serias, os atascos de Rande.
|
A Fundación, ademais, é a máis rica de España.
|
A Galicia aplícaselle a rede de seguridade.
|
A Galicia da nova década ten que ser, máis que nunca, Galicia calidade.
|
A Galicia de hoxe é democrática, cooperativa, fraterna e igualitaria.
|
A Galicia máis ordenada da historia é a Galicia actual.
|
A Galicia non lle convén, propóñao Cataluña ou propóñase desde a propia Galicia.
|
A Galicia non, corresponden a outra central.
|
A Galicia portuaria é oportunidade para a nosa comunidade.
|
A Galicia portuaria é unha oportunidade para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
|
A Galicia que soñamos non remata en cada lexislatura.
|
A Galicia quéimana; de xeito maioritario quéimana.
|
A Galicia real non vive na Arcadia feliz que nos trasladan vostedes.
|
A Galicia rural é unha idea terxiversada que se vende con fins electoralistas.
|
A Galicia sempre lle foi mal cando houbo un goberno socialista en Madrid.
|
A Galicia vén máis xente que nunca.
|
A Galicia, non.
|
A Igrexa, ata onde podemos saber, nunca puxo ningún tipo de impedimento.
|
A Iniciativa de Garantía Xuvenil foi un fracaso rotundo de xestión.
|
A Inspección Sanitaria de Ourense fai unha información reservada e propón a incoación.
|
A Lei de acción exterior busca precisamente reforzar a nosa axenda internacional.
|
Click here for English version
nos_gl_CC0
Frases con licenza libre (CC0) en galego, recollidas polo Proxecto Nós co fin de alimentar o corpus textual de Mozilla Common Voice.
As frases foron cedidas á Universidade de Santiago de Compostela por diferentes institucións públicas ou privadas, ás que agradecemos a colaboración.
Sobre este material, dentro do marco do Proxecto Nós, levouse a cabo unha serie de transformacións: segmentación das frases orixinais, filtrado pola lonxitude e, no seu caso, adaptación para cumprir cos requisitos de Common Voice (normalización de números, abreviacións e siglas, eliminación de palabras estranxeiras, adecuación de contido, corrección gramatical etc.).
Para o preprocesamento e procesamento dos corpus empregáronse os scripts dispoñibles aquí, xunto coa ferramenta Sentence Extractor.
Os corpus resultantes, publicados aquí de forma libre de dereitos, son os seguintes:
CORPUS PG
cv_pg_anon.txt
166.229 frases extraídas das transcricions dos debates do Parlamento de Galicia durante un periodo de 7 anos (2015-2022). O material orixinal e de acceso público e permite a reproduccion autorizada sempre que se cite a fonte. Ademais das transformacións mencionadas máis arriba, os nomes propios presentes neste corpus foron anonimizados.
CORPUS CRTVG
cv_tvg.txt
166.951 frases extraídas dos guións dos programas de informativos diarios da Televisión de Galicia (TVG) entre os anos 2019-2022.
CORPUS NÓS DIARIO (SERMOS GALIZA)
cv_nos_diario.txt
140.104 frases extraídas dos números do periódico Nós Diario publicados entre os anos 2012-2022.
CORPUS PRAZA.GAL
cv_praza.txt
89.688 frases extraídas dos números do periódico Praza.gal publicados entre os anos 2012-2022.
CORPUS CV_GL_2025
Corpus formado por 305.322 frases recollidas polo Proxecto Nós de diversas fontes polo que está integrado, á súa vez, por diferentes subconxuntos.
Corpus Mix Media
Máis de 190.000 frases extraídas de publicacións cedidas ao Proxecto Nós da Universidade de Santiago de Compostela mediante acordos de cesión de datos:
- 84.106 frases procedentes da Gran Enciclopedia Galega cedidas pola Xunta de Galicia e de textos cedidos polo Consello da Cultura Galega.
- 7.388 frases procedentes de novelas cedidas pola editorial Hugín & Muñín.
- 12.944 frases procedentes da publicación "Tempos Dixital" e a revista "A Trabe de Ouro" cedidas pola entidade Atlántica de Comunicación.
- 28.949 frases procedentes de publicacións cedidas pola Editorial Galaxia.
- 12.918 frases procedentes da revista "Tempo Exterior" e outros contidos da web cedidas polo Instituto Galego de Documentación (IGADI).
- 692 frases procedentes do corpus CLUVI, cedidas polo Instituto da Lingua Galega (USC).
- 14.492 frases procedentes de Publicacións da USC, concretamente da Colección de Clásicos.
- 6.873 frases procedentes de Publicacións periódicas da USC (revistas, artigos, etc.).
- 22.257 frases procedentes de diversas fontes.
Corpus Diario Dixital Que pasa na costa
Subcorpus formado por 86.652 frases extraídas dos números de publicacións do Diario Dixital da Costa da Morte Quepasanacosta.
Corpus DRAG
Subconxunto de 28.051 frases extraídas das definicións dos termos publicados no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG).
Financiación e agradecementos
Este conxunto de datos produciuse no marco do Proxecto Nós, financiado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, dentro do marco do Proxecto Ilenia con referencia 2022/TL22/00215336. Tamén recibiu apoio desde o programa Investigo (PRTR - NextGenerationEU).
Agradecemos a amabilidade do Parlamento de Galicia, Nós Diario, Praza.gal e a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en proporcionar os datos orixinais.
Citar este dataset
Se usas este dataset, cítanos como se indica a continuación: Adina Ioana Vladu, Noelia García Díaz, Marta Vázquez Abuín, Patricia Ramos Maceiras, María Janeiro Cerqueiro, Cristian Canosa Pérez, José Javier Francisco Marini, Elisa Fernández Rei (2022). nos_gl_CC0
URL: (https://huggingface.co/datasets/proxectonos/nos_gl_CC0)
Ver en GitHub (https://github.com/proxectonos/nos_gl_CC0)
- Downloads last month
- 27